Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos elaborar unha receita tradicional da rexión francesa de Provenza, a pasta tapenade, e na que aproveitaremos todos os beneficios dun dos peixes máis exquisitos: o atún.
O atún é un peixe con múltiples propiedades. Destaca a súa achega en proteínas, superior á dalgunhas carnes, e o seu alto contido en Omega-3. A estas importantes calidades, hai que engadir os beneficios da súa presentación en aceite de oliva, que ademais contribúe a potenciar o seu sabor.
A tapenade é unha pasta de olivas machucadas con alcaparras, anchoas, aceite de oliva e especias. A palabra tapenade provén do termo provenzal tapena, que significa alcaparra.
Para preparar unha decliciosa 'Tapenade' de olivas verdes e negras con atún claro Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar
- 75 g. de olivas verdes desosadas
- 75 g. de olivas negras desosadas
- 2 culleradiñas de alcaparras
- 1 dente de allo
- 1 lata pequena de anchoas
- 2 culleradiñas de aceite de oliva virxe extra
- 1 culleradiña de romeu seco picado
- 1 culleradiña de tomiño seco picado
Preparación:
Trituramos coa batedora o contido da lata de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar, as olivas, as alcaparras, o allo e as anchoas.
Cando estean ben integrados os ingredientes, engadimos aos poucos o aceite de oliva e mesturamos cunha culler ata alcanzar a textura desexada.
Finalmente, empoamos por riba o romeu e o tomiño.
A pasta tapenade é ideal para untar torradas de pan ou para mollar nela nachos de millo, paus de verdura ou de pan.
Se se desexa reservar para consumir en diferentes ocasións, haberá que engadir á pasta un pouco de zume de limón e conservala nun frasco de vidro no frigorífico durante un máximo de 3 días para que manteña todas as súas propiedades.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.