'Tapenade' de olivas verdes con filetes de xarda Pescamar

Pontevedra
26 de setembro 2020

Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos elaborar unha receita tradicional da rexión francesa da Provenza, a tapenade, unha pasta cunha base de olivas e na que aproveitaremos todos os beneficios da cabala ou xarda, un dos peixes azuis máis apreciados polo seu alto contido en ácidos graxos omega-3

'Tapenade' de olivas verdes
'Tapenade' de olivas verdes / Marco Verch en Flickr

Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos elaborar unha receita tradicional da rexión francesa de Provenza, a pasta tapenade, e na que aproveitaremos todos os beneficios dun dos peixes máis exquisitos: a xarda.

A cabala ou xarda é un dos peixes azuis máis apreciados polo seu alto contido en ácidos graxos omega-3, moi indicados para protexer o noso corazón e previr unha gran variedade de enfermidades cardiovasculares.

A tapenade é unha pasta de olivas machucadas con alcaparras, anchoas, aceite de oliva e especias. Diferénciase da olivada, ou paté de olivas, por levar alcaparras, xa que a palabra tapenade provén do termo provenzal tapena, que significa alcaparra. Pode elaborarse con olivas verdes, negras ou unha combinación de ambas. Nesta ocasión, imos usar olivas verdes e trituraremos os ingredientes para que a mestura teña unha textura máis sólida.

Para preparar unha decliciosa 'Tapenade' de olivas verdes con filetes de xarda Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar

- 150 g. de olivas verdes desosadas

- 2 culleradiñas de alcaparras

- 1 dente de allo

- 1 lata pequena de anchoas

- 2 culleradiñas de aceite de oliva virxe extra

- 1 culleradiña de romeu seco picado

- 1 culleradiña de tomiño seco picado

Preparación:

Trituramos coa batedora os filetes de xarda, as olivas, as alcaparras, o allo e as anchoas.

Cando estean ben integrados os ingredientes, engadimos aos poucos o aceite de oliva e mesturamos cunha culler ata alcanzar a textura desexada.

Finalmente, empoamos por riba o romeu e o tomiño.

A pasta tapenade é ideal para untar torradas de pan ou para mollar nela nachos de millo, paus de verdura ou de pan.

Se se desexa reservar para consumir en diferentes ocasións, haberá que engadir á pasta un pouco de zume de limón e conservala nun frasco de vidro no frigorífico durante un máximo de 3 días para que manteña todas as súas propiedades.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.