O paro reduciuse en 15 comunidades autónomas, entre elas Galicia (728 parados menos), onde hai 290.459 persoas buscando emprego. As catro provincias galegas rexistraron baixada de desempleados pero en Pontevedra foron tan só 70 menos, rexistrando un total de 115.237 parados
En A Coruña 426 menos (en total 114.313 parados); Lugo 69 menos (29.310 parados rexistrados en abril); 163 menos en Ourense (31.599 parados).
Galicia foi unha das nove comunidades nas que baixou o número de persoas sen emprego, en concreto 728 menos. Así, a comunidade galega rexistrou 290.459 parados.
No conxunto do Estado, o mes de abril rexistrou 46.050 parados menos e baixou dos cinco millóns de desempregados.
No entanto, para contrastar recordemos que o outro indicador, o da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre do 2012, publicada o 25 de abril, cifrou en 6.202.700 as persoas sen emprego en España.