Tacos mexicanos con atún en tomate Pescamar

Pontevedra
06 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos elaborar unha receita tradicional de México que combinaremos co saboroso atún en tomate de Conservas Pescamar

Taco mexicano
Taco mexicano / | Racool_studio en Freepik

Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva"  imos elaborar unha receita tradicional de México que combinaremos co saboroso atún en tomate de Conservas Pescamar.

O atún é un peixe con múltiples propiedades. Destaca a súa achega en proteínas de gran valor biolóxico e o seu alto contido en Omega-3. 

O taco é unha preparación típica mexicana, que consiste nunha tortilla de millo dobrada á metade e reenchida de diversos ingredientes. En México poden atoparse máis de 50 tipos de tacos, en función da zona do país onde esteamos. 

Para preparar uns deliciososTacos mexicanos con atún en tomate Pescamar usaremos os seguintes ingredientes:

- 10 tortillas de millo para tacos

- 2 latas de atún en tomate Pescamar

- 1 pemento vermello pequeno (ou dous chiles, se se prefire picante)

- 1 cebola

- 1 frasco de fabas brancas pequenas cocidas (400 g de peso neto escorrido)

- aceite de oliva virxe extra

- coandro

- sal e pementa

Preparación:

Picamos á xuliana moi fino o pemento e a cebola. Nunha tixola, engadimos unha cullerada de aceite e sofrixímolos. Cando estean tenros, engadimos as fabas escorridas e un pouco de coandro picado. Salpementamos. Retiramos do lume e removemos suavemente ata que se integren os ingredientes. Reservamos a mestura.

Os tacos prepararémolos de un en un. Nunha tixola ou unha prancha, quentamos unha tortilla por ambos os lados. Cando estea quente, poñemos unha parte da mestura na metade da tortilla e un pouco de atún en tomate Pescamar, vertendo tamén un chisco da salsa en cada taco. Dobramos a tortilla pola metade formando unha media lúa. Mantemos o lume baixo e damos a volta á tortilla para que se doure polos dous lados. Procederemos do mesmo xeito con cada taco.

Conforme retiramos os tacos da tixola, irémolos poñendo nun recipiente cubertos cunha tapa ou un pano para que manteñan a calor.

Outra opción consiste en deixalos a medio facer. Unha vez que dobramos as tortillas, reservámolas, e uns minutos antes de servir, pasamos cada taco pola tixola ata que as tortillas estean douradas por ambos os lados.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.