Susto ao esborrallarse un andamio na rúa Daniel da Sota

Pontevedra
30 de marzo 2016

O esborralle dun andamio situado no cruzamento de Daniel da Sota coa rúa Peregrina provocou unha gran alarma a comerciantes e viandantes na tarde deste mércores 30 

Desplome dun andamio en Daniel de la Sota
Desplome dun andamio en Daniel de la Sota / Monica Patxot

O andamio colocado desde o mes de xullo no cruzamento entre Daniel de la Sota coa Peregrina esborrallouse na tarde deste mércores 30, sobre as 17:05 horas cando estaban a realizar os labores de desmonte.

Mentres dous operarios estaban a traballar na estrutura esta esborrallouse, causando un bo susto para ambos. Un deles tivo que saltar para non caerse, pero afortunadamente non se produciron danos xa que ningún peón pasaba pola zona naquel momento.

A xoiería AURI e a Óptica Vilas, situadas baixo a estada, escoitaron un estrondo e inmediatamente saíron para comprobar que non había ningún ferido.

Ata o lugar desprazouse a Policía Local e varios operarios, que axudaron a desmontar e apilar as pezas para que a circulación da rúa volvese á normalidade.