Sustitúen máis de 300 baldosas do paseo de Combarro

Poio
22 de abril 2024

O Concello de Poio está realizando labores de mantemento no paseo do Porto de Combarro, para substituír máis de 300 baldosas de pedra e pizarra rotas, soltas ou levantadas

Reparación de baldosas no paseo de Combarro
Reparación de baldosas no paseo de Combarro / Concello de Poio

O Concello de Poio está realizando labores de mantemento no paseo do Porto de Combarro, para substituír máis de 300 baldosas de pedra e pizarra rotas, soltas ou levantadas.

Con estes traballos garántese a seguridade dos peóns ao mesmo tempo que se mellora a imaxe dun dos lugares máis visitados do municipio. Posteriormente, as tarefas tamén incluirán a limpeza do pasamáns de pedra.

Con anterioridade, xa se actuou tamén na Praza da Chousa e no seu perímetro, repoñendo todas as pedras que estaban deterioradas.

Coa chegada do bo tempo, desde o Concello de Poio están intensificando as labores de mantemento e reposición en todo o municipio.

Así, ademais de estar realizando as tarefas de desbroce e limpeza de cunetas, recentemente renovaron a madeira da ponte peonil da Reiboa, melloraron a accesibilidade no paso inferior da ponte da Barca e tamén repararon a pasarela de madeira da praia da Cabeceira, en Lourido. 

"Son pequenas actuacións que son fundamentais para mellorar a seguridade e a calidade das nosas infraestruturas", sinala o edil de Obras e Servizos, Marcial García.