Suspensión da folga en Ambulancias Civera debido á aplicación de melloras por parte da empresa

Pontevedra
17 de abril 2024

A folga convocada para esta xornada quedaba suspendida debido a este achegamento de parte das cuestións, segundo Xabier Aboi da CIG, que indicou que a empresa está pagando parte das cantidades de nóminas que estaban pendentes. Pero insisten en que aínda teñen problemas co material e cos vehículos que empregan diariamente na xornada laboral. Sobre o novo concurso do servizo de ambulancias, Aboi considera que hai "erros graves" na proposta

Protesta de traballadores de Ambulancias Civera
Protesta de traballadores de Ambulancias Civera / Mónica Patxot

Un achegamento nos últimos días entre as peticións do persoal de Ambulancias Civera e a empresa levaron á suspensión da folga que estaba prevista para este mércores na área sanitaria.

Xavier Aboi, representante da CIG, manifestaba que a empresa realizou o pago de parte das cantidades que debía ao persoal co compromiso de pagar en maio, na nómina de abril, a subida recollida no convenio "que é moi potente", explica ou sindicalista.

En todo caso, advirten de que continúan os problemas de material como o mantemento dos vehículos: "hai once ambulancias paradas", sinala Aboi para manifestar que tamén se producen problemas con falta de bombas de osíxento en moitas ambulancias: "o persoal ten que ir aos hospitais a pedilas", insiste demandando que Ambulancias Civera cumpra co recolleito nas bases do concurso do Sergas.

En relación ao novo concurso de ambulancias, autorizado polo Consello de la Xunta, Aboi entende que se rexistran "erros graves".

Entre outros, expón que a subida salarial que se recolle no documento non é a correcta; fai referencia a "condutores" en lugar de "técnicos"; indica un equipo de traballo de menos de 80 traballadores cando actualmente hai preto dun centenar e tampouco se recolle nas bases a figura actual de "telefonista".

"Non é o que se prometeu", apunta Aboi, que tamén lamenta o atraso no anuncio cando estaba previsto que o concurso saíse en outubro de 2023. "Agora co novo conselleiro de Sanidade, agardemos que non vaia a buscar novo equipo e paralice todo outra vez", advirten ddesde a CIG.