Suspendido o concurso de parodias de Sanxenxo e o baile de disfraces de maiores

Sanxenxo
29 de febreiro 2024

O mal tempo previsto para este sábado 2 de marzo ocasionou a suspensión do baile, quedando á espera da traca final do Entroido que supoñerán o domingo os desfiles infantil e de adultos, nos que se espera unha alta participación

Desfile de Entroido en Sanxenxo
Desfile de Entroido en Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Sanxenxo prepárase para a traca final do seu Entroido, coa celebración o vindeiro domingo 3 de marzo dos desfiles de disfraces infantil, pola mañá, e de adultos pola tarde.

O goberno local espera unha alta participación na xornada de desfiles, xa que o aprazamento supuxo, aseguran, un récord de inscricións.

Pola contra o cambio de data fixo efecto no concurso de parodias, previsto para este sábado 2 de marzo, xa que boa parte dos rexistrados déronse de baixa obrigando a cancelar o evento.

Tamén se suspendeu, no seu caso polas previsións de choiva e vento para a xornada de sábado, o baile de disfraces de maiores previsto na programación municipal.

No que respecta a os desfiles, contarán este ano con 13.265 euros en premios, a repatir entre o desfile infantil que arrincará ás 12.00 horas e o de adultos previsto para as 16.30 horas do domingo.

Arquivado en