As malas previsións meteorolóxicas volveron impedir a celebración do Entroido de Campo Lameiro, que estaba previsto para este sábado 16 de marzo.
As chuvias desaconsellaron que o desfile se celebrara ao non poder garantir as debidas condicións, subliñan desde o goberno municipal de Campo Lameiro, que non buscará unha nova data.
O Concello optou por suspender definitivamente esta festa ante a imposibilidade de atopar outra data que se puidera acordar coas comparsas e cos grupos participantes.
Ademais, a inminente celebración da Semana Santa tamén dificultaba poder escoller outro día para celebralo, polo que a veciñanza do municipio terá que agardar ata o ano que vén.