O Concello de Meis impediu legalmente a celebración dunha polémica festa organizada para este venres polo club de alterne "Mont Parnasse" que tiña como reclamo a repartición entre a súa clientela de "churrasco gratis" servido por "camareras en topless".
Segundo publicítase nunha cuña radiofónica, este prostíbulo, que está situado na recta da Goulla na estrada de Vilagarcía (PO-531), pretendía inaugurar un novo espazo ao aire libre.
Desde o concello de Meis sinalan que esta zona carece de autorización municipal, polo que esta mañá, os técnicos municipais acudieron ata este establecemento comprobando que a denominada "zona chill out" carecía dos permisos urbanísticos necesarios.
Segundo explicou a alcaldesa de Meis, a socialista Marta Giráldez, ademais da falta de permiso a resolución do Concello alude ao incumprimento da Lei de Espectáculos de Galicia, que " prohibe expresamente actividades como esta, que son denigrantes para a muller".
Ademais a Garda Civil notificou esta resolución á persoa responsable do local que procedeu a desmontar as carpas instaladas no exterior do club de alterne.
CAMPOS DE CONCENTRACIÓN
A presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, aplaudiu á alcaldesa de Meis pola súa decisión e asegurou que "os clubs de alterne teñen que desaparecer" xa que "a prostitución é unha das lacras máis graves que sufrimos as mulleres".
Carmela Silva non dubidou en sinalar que "é escravitude, que ninguén o tente ocultar. É un uso cosificado dos corpos das mulleres que se venden no mercado e que compran os homes".
"É terrible cando un vai polas estradas nacionais e ve un club de alterne tras outro, cada vez que vexo iso vexo campos de concentración de mulleres", comentou Carmela Silva.
Finalmente a presidenta de Deputación de Pontevedra apuntou que "se non houbese clientes non habería clubs de alterne" e compartiu a súa preocupación polo feito de que "a xente nova está a educarse a través da pornografía libre á que poden acceder nos móbiles, é tremendo". "Temos que tomar decisións moi firmes contra estas cuestións", concluíu.