A Xunta Coordinadora da Semana Santa de Pontevedra decidía ás 13.00 horas deste xoves 28 suspender a Procesión dos Pasos, que tiña prevista a súa saída ás 20.00 horas da Basílica de Santa María.
As inclemencias meteorolóxicas adversas e a predición de inestabilidade climática que se esperan para a tarde deste Xoves Santo obrigaron á organización para adoptar esta medida.
A Xunta indica que se trata dunha decisión "froito dunha reflexión conxunta das Confrarías Penitenciales de Semana Santa de Pontevedra, tendo en cuenta o noso patrimonio e aos nosos/as confrades", indican no comunicado de suspensión.
A dos Pasos é unha das procesións con máis participación da Semana Santa pontevedresa na que interveñen sete confrarías.
Tamén lembran, desde a organización, que todas as parroquias da cidade levarán a cabo distintos actos para manter as cerimonias relixiosas destas datas.
Trátase da segunda procesión que se suspende nesta Semana Santa pontevedresa, despois da decisión adoptada, polos mesmos motivos, este mércores de non celebrar a procesión da Santísima Virxe da Soidade e Jesús Nazareno coa Cruz ao lombo.