Sushi, poke, ceviche… as peixerías actualízanse para poder vender

Pontevedra
19 de novembro 2024
Actualizado: 8:12

Nas peixerías déronse conta da necesidade de dar un paso máis aló na comercialización do peixe para que este produto sexa máis atractivo á hora de comercializar

Pescaderías na Praza de abastos
Pescaderías na Praza de abastos / Mónica Patxot

O consumo de peixe leva unha década en progresivo o descenso. Trátase dun produto en caída que non resulta popular para a xente nova.

A patronal que aglutina ao sector pesqueiro, CEPESCA, vincula esta tendendia negativa coa falta de tempo para cociñar e en que se prioriza o consumo doutro tipo de alimentos que non comporten unhas elaboracións tan complexas.

Nas peixerías déronse conta da necesidade de dar un paso máis aló na comercialización do peixe para que este produto sexa máis atractivo.

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza desenvolveu un curso para ampliar a oferta das peixeiras coa finalidade de mellorar a súa competitividade.

Trátase dunha formación gratuíta que aborda aspectos como a elaboración de pratos preparados nun taller ou a oferta de degustacións, así como novos cortes dos produtos pesqueiros, que faciliten o seu consumo, con novas presentacións como sushi, poke, ceviche que son máis demandados polas novas xeracións.

É unha iniciativa que impulsa a Consellería do Mar en colaboración coa Federación Nacional de Asociacións Provinciais de Empresarios Detallistas de Peixe e Produtos Conxelados (Fedepesca).

Co nome de "cursos de innovación e novas tendencias en peixerías tradicionais, elaboracións e degustacións no punto de venda" preténdese dinamizar estes establecementos.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou este luns o CIFP Carlos Oroza e explicou que outro obxectivo deste curso é reforzar o papel das peixerías como divulgadoras da calidade e saúde que hai detrás do consumo dos produtos pesqueiros.

Neste curso en Pontevedra participaron ao redor de 60 persoas.

Curso para pescaderías
Curso para peixerías

Esta iniciativa xorde tamén como resposta ante as novas necesidades das familias.

O conselleiro destacou a necesidade de "modernizar e innovar" como camiño para dar unha "resposta eficaz" mediante novas ferramentas que permitan ampliar a oferta das peixerías.

O curso consta dunha parte teórica impartida pola responsable de Calidade e Seguridade Alimentaria de Fedepesca, Sofía Gómez.

A pesar diso, a maior parte da formación é de carácter práctico da man de Manuel Criado, pescadeiro de ampla experiencia quen aplicou con éxito no seu propio negocio as medidas innovadoras recollidas no curso.