Isabel Couselo, deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, acompañada por Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade e deputado provincial, as obras que se realizan para conservar o firme das estradas provinciais ao seu paso polo municipio.
Visitaron a EP-0307 Peso-Caroi e a EP-0413 Paraños- Piscifactoría, que contan cun investimento da Deputación de Pontevedra que ascende a 80.000 euros.
No vial entre Peso e Caroi actúase nun tramo de 930 metros, cun investimento de 60.000 euros. Na EP-0413 intervense nos primeiros 450 metros, con 23.000 euros de orzamento.
En ambas as obras realízanse saneos e o fresado, ademais da reposición da capa de rodadura, con instalacións de novos sinais. A intención é mellorar a seguridade viaria nestes tramos.
Cando finalicen estas actuacións está previsto a posta en marcha de novas obras de conservación e reposición de firme en EP-0401 Carballedo- Caroi, EP-0404 Viascón-Cuspedriños e EP-0407 Borela-Ponte Caldelas, cun investimento de máis de 82.000 euros.
Ao longo de 2023, o diñeiro destinado á mellora das estradas provinciais en Cerdedo-Cotobade procedente da Deputación alcanzou os 250.000 euros.