Sufocado o lume nunha vivenda do lugar de Castrelo

Bueu
14 de decembro 2022

O lume produciuse na parte superior da vivenda. Propagárase a través da cheminea e ardeu parte do teito, véndose afectadas algunhas das vigas da cuberta. Non se rexistraron danos persoaisspanhelvetica>

Bombeiros do Morrazo
Bombeiros do Morrazo / Deputación de Pontevedra

Un lume afectaba a parte superior dunha vivenda no lugar de Castrelo, no municipio de Bueu, durante esta noite. Segundo informa o servizo de Emerxencias do 112 Galicia non se rexistraron danos persoais.

Un particular comunicaba os feitos ao 112 pasadas as 23.45 horas. Desde o centro de emerxencias solicitouse a colaboración dos Bombeiros do Morrazo, da Garda Civil e da Policía Local de Bueu.

Unha vez apagadas as lapas, os Bombeiros fixeron balance dos danos indicando que o lume se rexistrara na parte superior da vivenda.

Propagouse a través da cheminea do domicilio e provocou que as lapas afectaran a parte do teito, véndose afectadas algunhas das vigas da cuberta.