UGT e CCOO puxeron en marcha conxuntamente este luns 12 de abril, na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, un proceso de mobilización para reivindicar o incremento do salario mínimo interprofesional (SMI), a reversión dos aspectos mais lesivos da Reforma Laboral e a derrogación da Reforma das Pensións.
Sarmiento advertiu de que están decididos a manter este escenario de mobilizacións todos os meses ata que se consigan estes obxectivos, e que o farán de maneira unitaria xunto a UGT. Deste xeito fai un chamamento ao conxunto da cidadanía para que o próximo 1 de maio, Día Internacional dos Traballadores, saia ás rúas de todo o país pedindo que se constrúa unha saída a esta recesión provocada pola pandemia.
Pola súa parte, José Antonio Gómez, secretario xeral de UGT de Galicia, recorda que a pandemia paralizou estas demandas xa que se priorizou a saúde das persoas, polo que levan esperando moito tempo e "agora si que toca". Gómez reclama que é o momento de dignificar o emprego, de dignificar o traballo con dereitos e o traballo decente e cre que os traballadores esenciais "demostraron durante este período de tempo que non se pode vivir con menos de 1.000 euros ao mes".
O esforzo que fixo a clase traballadora deste país durante a pandemia, segundo ambos representantes, debe ser recoñecido e o Goberno Central debe responder e cumprir os seus compromisos, o seu programa electoral, e o seu acordo de Goberno.