A secretaria comarcal de CIG-Servizos de Pontevedra, Diana Rodríguez, informou que o subdelegado do Goberno, Antonio Coello, chamou por teléfono a este sindicato que representa ás traballadoras de Cleanet para pedirlles que anulen a concentración prevista para este luns ante a Brilat coincidindo coas actividades organizadas en honor da Inmaculada Concepción, Patroa da arma de Infantaría.
As traballadoras de Cleanet que realizan o servizo de limpeza nas instalacións da Base Xeneral Morillo, a Residencia Militar, o Centro de Defensa en Campolongo e a Escola Naval solicitaron permiso para desenvolver unha concentración ante o Cuartel de Figueirido para protestar polos non pagamentos das nóminas por parte desta empresa concesionaria do servizo de limpeza por parte do Ministerio de Defensa.
A subdelegación do Goberno autorizou a concentración pero sempre que se realice a máis de 300 metros da porta de acceso á Brilat. Esta decisión foi recorrida polos traballadores ante o xulgado Contencioso Administrativo que derivou o recurso ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), ao tratarse de dun dereito fundamental como é o de folga.
Este venres o TSXG estimou o recurso da CIG anulando e revocando la modificación proposta pola Subdelegación do Goberno, deixando sen efecto o desplazamento de 300 metros da entrada da Base militar, con expresa imposición das costas a la adminsitración demandada.
Antes de que resolvera o alto tribunal galego, o subdelegado, telefonou aos traballadores "pedindo un pouco de comprensión" xa que "o Día da Inmaculada é unha festividade moi importante na Brilat e van asistir moitas autoriadades", desvelou Diana Rodríguez.
A secretaria comarcal de CIG-Servizos reclamou esta mesma "comprensión" por parte do Goberno para que o Ministerio de Defensa resolva este conflito xerado "por unha empresa pufera", dixo.