Subdelegación do Goberno chama a capítulo aos sindicatos

Pontevedra
08 de novembro 2012

O subdelegado en pontevedra, Antonio Coello, reúnese este venres cos secretarios comarcais de CCOO, UGT e CIG para abordar a inminente folga xeral do próximo día 14, pero o fará por separado nunha decisión que sorprendeu aos sindicalistas

José Luis García Pedrosa, Rafael Iglesias e Ramón Vidal (arquivo)
José Luis García Pedrosa, Rafael Iglesias e Ramón Vidal (arquivo) / PontevedraViva

Antonio Coello solicitou para este venres reunións cos secretarios comarcais dos sindicatos CCOO, UGT e CIG en Pontevedra para abordar o transcurso da folga xeral do próximo mércores día 14.

O subdelegado do Goberno charlará por separado con José Luis García Pedrosa (8:30 horas), Ramón Vidal (9:00 horas) e Rafael Iglesias (10:00 horas) sobre as espectativas da protesta e coa intención de pedir mesura nas accións dos representantes dos traballadores.

A decisión sorprendeu entre os sindicalistas, que esperaban un encontro dos secretarios comarcais de xeito conxunto dado que a folga foi convocada unitariamente polas tres organizacións.

Arquivado en