'Spaghetti alla marinara' con berberechos e mexillóns Pescamar

Pontevedra
25 de marzo 2023

Unha receita que nos trae os aromas da cociña italiana e coa que aproveitaremos todos os beneficios do berberecho e o mexillón, dous moluscos caracterizados pola súa alta achega en ferro e en proteínas de gran calidade

'Spaghetti alla marinara'
'Spaghetti alla marinara' / Foto de mrsiraphola en Freepik

Chegamos a unha nova entrega de"A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamare dous produtos estrela da cociña atlántica: o berberecho e o mexillón.

O berberecho é un molusco que destaca polo seu baixo contido en graxas e gran porcentaxe de proteínas, que o converten nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas.

Tamén o mexillón é un molusco altamente nutritivo e que destaca polo seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas.

'Spaghetti alla marinara' refírese aos espaguetes acompañados de salsa marinara ou mariñeira. Esta preparación era utilizada polos mariñeiros italianos durante longas travesías porque os ácidos do tomate favorecían a súa conservación. A salsa mariñeira componse de tomate, allo, herbas aromáticas e cebola.

Para preparar uns deliciosos 'Spaghetti alla marinara' con berberechos e mexillóns Pescamar, precisamos os seguintes ingredientes:

- 250 g. de fideos

- 1 lata de berberechos ao natural Pescamar

- 1 lata de mexillóns en salsa de vieira Pescamar

- 8 langostinos

- 1 cullerada de aceite de oliva

- 1 cullerada de fariña

- cuarto litro de caldo de peixe

- 1 folla de loureiro

- 1 cebola pequena, 1 dente de allo

- 1 pemento vermello

- 1 tomate

- sal

- pementa branca

- alfábega picada

- pirixel picado

Preparación:

Picamos a cebola e o pemento moi miúdos e os pasamos polo aceite. Engadimos o allo tamén moi picado, o tomate e alfábega e pirixel ao gusto.

Cando a mestura estea sofritida, incorporamos a fariña, removendo rapidamente durante uns 3 minutos, evitando que se torre.

Vertemos aos poucos o caldo de peixe sen deixar de remover. Salpementamos ao gusto.

Agregamos a lata de berberechos ao natural e os mexillóns en salsa de vieira Pescamar, ademais dos langostinos pelados e a folla de loureiro. Deixamos cocer durante 5 minutos. Reservamos.

Mentres tanto, poñemos tamén a cocer os espaguetes. Cando alcancen o punto "ao dente", procedemos a escorrelos e colocámolos nunha fonte. Recubrimos coa mestura que reservaramos e adornamos cunhas follas de pirixel .

Nunha quincena, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.