Soziedad Alkohólika abrirá, como estaba previsto, os concertos das Festas da Peregrina

Pontevedra
08 de agosto 2014

Así o confirmou a concelleira de Festas, Carme da Silva. "Non é lóxico que se modifique a programación das festas", indicou. "Se fose así pensade o que podería pasar, entraríamos nunha dinámica perigosa", xa que calquera á que non lle guste un concerto, "sexa o que sexa", dixo, podería intentar influír na oferta festiva

Soziedad Alkohólika, nunha das súas imaxes promocionais
Soziedad Alkohólika, nunha das súas imaxes promocionais / Soziedad Alkohólika

A pesar da polémica xerada, Soziedad Alkohólika protagonizará o primeiro concerto das Festas da Peregrina. Así o confirmou a concelleira de Festas, Carme da Silva. "Non é lóxico que se modifique a programación das festas", indicou. "Se fose así pensade o que podería pasar, entraríamos nunha dinámica perigosa", xa que calquera á que non lle guste un concerto, "sexa o que sexa", dixo, podería intentar influír na oferta festiva.

Carme da Silva recordou que este grupo "actúa legalmente por todo o Estado" e, neste sentido, apuntou que o mes pasado participaron nun festival organizado polo concello de La Rota, onde goberna o Partido Popular, "e non pasou nada". Por iso lamentou que se intente xerar esta polémica nunha cidade "que se caracteriza pola tranquilidade e pola alta participación dá xente nas festas" e onde nunca houbo problema ningún.

O que máis molestou ao goberno municipal é que este asunto fose encirrado por un grupo de membros das forzas e corpos de seguridade do Estado, aos que acusou de "estar avivando unha polémica que saca o peor da xente". Lamenta que aqueles profesionais que deben velar pola seguridade dos cidadáns estean a crear un problema deste tipo. "Non é profesional nin ético", sinalou. "E dende logo non é adecuado".

Ante este concerto, a concelleira de Fiestas fixo un chamamento aos pontevedreses para que "disfruten das festas" e pediu a todos aqueles que acudan ao concerto que se alguén lles intenta provocar, co obxectivo de que haxa incidentes, "que non atendan a esa provocación e disfruten do concerto".

ENTREGA DE FIRMAS PARA A SÿA CANCELACIÿN

Esixen que se renuncie ao concerto dunha banda que "sigue destilando un odio, un rencor y una vejación a los cuerpos y fuerzas de seguridad del Estado"

Carme da Silva reaccionaba deste xeito á entrega de firmas que un grupo de cidadáns, na súa maior parte policías e gardas civís, entregaron este venres no rexistro do Concello para intentar paralizar o concerto. Son preto de 200 apoios, un "gesto testemuñal", segundo o voceiro deste colectivo, o ex secretario do Sindicato Unificado de Policía (SUP), José Freire.

ÿnense ás máis de 30.000 firmas que reuniu unha plataforma pola Internet. Todos eles se dirixen ao Concello de Pontevedra para esixir que se renuncie ao concerto dunha banda musical que nas súas cancións "sigue destilando un odio, un rencor y una vejación a los cuerpos y fuerzas de seguridad del Estado", segundo Freire. "No nos parece normal que se empleen 21.000 euros de los ciudadanos en pagar a esta gente para que abra las fiestas patronales".

Este colectivo asegura que viron "poca dignidad" no Concello de Pontevedra ao manter este concerto que, insisten, atenta contra o respecto e integridade moral dos membros das forzas de seguridade, as súas familias e as vítimas de terrorismo. ÿ unha "falta de decencia", insistiu Freire. "No podemos darle a los pontevedreses una actuación de estas características, de la cual dudo mucho de su calidad artística".

En todo caso, José Freire avanzou que non van impulsar ningún boicot cara ao concerto. Espera que sexan os cidadáns "con su presencia o no" e en función do "tipo de presencia que haya", os que avalen ou condenen a celebración deste tipo de concertos.