A campaña municipal 'Eu Quero Local' segue dando os seus froitos en Soutomaior.
Nesta ocasión, os comercios e negocios do municipio uníronse para celebrar o Samaín, enchendo as rúas de cabazas, pantasmas e outros elementos propios desta festividade.
Con esta iniciativa, o Concello busca non só dinamizar o comercio local, senón tamén crear un ambiente festivo e máxico para disfrute de toda a veciñanza.
Buscan así que as rúas e prazas estean vivas, convertendo Soutomaior nun lugar máxico onde sentir o espíritu desta tradición e, por que non, vivir divertidas e fermosas experiencias.
A concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña,mostrou a súa satisfacción pola participación dos establecementos locais e animou a todos a seguir sumándose ás iniciativas que se poñan en marcha desde o Concello.
Pola súa banda, o alcalde, Manu Lourenzo, destacou a importancia de traballar de forma conxunta cos comerciantes e hostaleiros para construír unha economía local máis sostible e solidaria.
"Só así conseguiremos que o noso municipio creza", asegurou.