Soutomaior instalará sistemas de aerotermia nos seus campos de fútbol

Soutomaior
26 de xullo 2024

O Concello de Soutomaior destinará 115.000 euros á mellora dos campos de fútbol Graciano Padín e do Salgueirón. As intervencións inclúen a substitución das caldeiras de gasoil por un sistema de aerotermia máis eficiente enerxéticamente, así como a mellora do acceso ao campo de fútbol de Soutomaior  

Campo de fútbol do Salgueirón, en Arcade
Campo de fútbol do Salgueirón, en Arcade

O Concello de Soutomaior destinará 115.000 euros á mellora dos campos de fútbol Graciano Padín e do Salgueirón.

As intervencións inclúen a substitución das caldeiras de gasoil por un sistema de aerotermia máis eficiente enerxéticamente, así como a mellora do acceso ao campo de fútbol de Soutomaior.

En concreto, instalarase un sistema de aerotermia cun depósito de acumulación auxiliar e dous aerotermos en serie, garantindo así unha temperatura homoxénea de 60 graos no último depósito.

Este sistema será implementado nas tres caldeiras dos tres vestiarios afectados: dous do Arcade e un do Soutomaior. A instalación de agua quente sanitaria utilizará unha bomba de calor que absorbe a enerxía térmica do aire, proporcionando unha solución enerxética eficiente.

O goberno local recibiu unha subvención de 55.000 euros proveniente do Fondo de Cooperación Local, destinado a concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes, para financiar parte destas melloras.

Ademais, nos vindeiros meses, realizaranse traballos para mellorar o acceso ao campo de fútbol Graciano Padín, que implicarán melloras tanto no acceso como nas instalacións do propio campo.