Nin a propia protagonista o esperaba, segundo recoñeceu minutos despois. Fátima Abal foi investida alcaldesa de Cambados contra prognóstico.
A socialista, que tiña asegurados os votos do BNG segundo o declarado nos días previos, encontrouse co apoio a última hora dos concelleiros electos por Somos Cambados e Cambados Pode, Tino Cordal e Ramón Abal.
Abal adiantara que se votaría a si mesmo como candidato á alcaldía, o que facilitaba a continuidade como rexedor dopopular Luis Aragunde, que lograra nas urnas oito actas de concelleiro.
Sen embargo o cambio de voto cando se solicitou este no pleno municipal cambiou o panorama para sorpresa dos asistentes, rematando on un cuarto de século de gobernos do PP en Cambados.
Agora os catro partidos que apoiaron a investidura de Fátima Abal deben negociar a composición do goberno, discusión que comezará o próximo luns coa primeira reunión fixada polas partes.
JOSÉ ANTONIO CACABELOS RECUPERA A ALCALDÍA DO GROVE
Despois de oito anos o Partido Socialista recupera a alcaldía do Grove, e faino co mesmo alcalde de entón, José Antonio Cacabelos.
O PSOE fixo valer os seus oito concelleiros como lista máis votada nunha votación no que o resto de partidos apoiou ao seu respectivo candidato, o que outorga o bastón de mando a Cacabelos cunha maioría simple.