Sorprenden 'in fraganti' tres furtivos reincidentes na praia de Lourido

Poio
14 de decembro 2019

A Policía Local de Poio e os gardapescas da Confraría de Pontevedra lograron sorprender na mañá deste venres tres furtivos. Ao observar a presencia policial, os tres furtivos tentaron fuxir correndo e, unha vez que se viron acurralados, volveron á praia para tirar a ameixa ao mar 

Sorprenden in fraganti tres novos furtivos na praia de Lourido
Sorprenden in fraganti tres novos furtivos na praia de Lourido / Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio e os gardapescas da Confraría de Pontevedra lograron sorprender na mañá deste venres tres furtivos reincidentes que estaban a faenar de xeito ilegal na praia de Lourido. 

A localización in fraganti destes tres furtivos realizouse sobre as 11.30 horas deste venres durante un novo operativo especial da Policía Local e dos gardapescas. Nesta ocasión, cando os pillaron estaban a extraer ilegalmente ameixa. 

Ao observar a presencia policial, os tres furtivos tentaron fuxir correndo e, unha vez que se viron acurralados, volveron á praia para tirar a ameixa ao mar. Finalmente, foron interceptados e levaban sacos de rede con entre 3 e 4 quilos de bivalvo, que finalmente lles foron retirados. 

Os tres están agora investigados por unha infracción penal, pois xa son reincidentes nesta actividade ilegal.