Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos cociñar unha sopa de marisco con mexillóns gourmet Pescamar que é indicada para entrante ou como prato principal, se desexamos un menú lixeiro.
O mexillón é un molusco altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convérteno nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas.
Para preparar unha deliciosa Sopa de marisco con mexillóns gourmet Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 2 latas de Mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar
- Restos de peixe (espiñas e carne de peixe sapo)
- Restos de mariscos (cacho e carne de gambas, lagostinos, cangrexos)
- 8 langostinos
- Aceite de oliva
- 2 tomates maduros
- 1 cebola
- 1 dente de allo
- 1 allo porro
- 1 poliña de apio
- Sal
- Pemento picante en po
Elaboración:
Friximos lixeiramente a cebola, o allo e o tomate.
Cando estea listo o rustrido, engadimos os restos de peixes e mariscos e vertemos auga ata cubrir todos os ingredientes. Cocemos uns minutos.
Agregamos o allo porro e a poliña de apio, e seguimos cocendo ata que o caldo estea concentrado.
Transcorrido ese tempo, pasamos o contido da cazola polo coadoiro chinés, levamos de novo a ebulición, incorporamos os langostinos pelados e salpementamos.
Engadimos os Mexillóns gourmet Pescamar e unha parte da salsa escabeche que os acompaña ata acadar a consistencia que desexemos, máis líquida ou espesa.
Presentamos a sopa nunha sopeira ou en cuncas individuais de consomé.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.