Vaipolorío denunciou un novo foco contaminante no treio urbano do Gafos ao seu paso por Pontevedra. En concreto, o colectivo ecoloxista localizou un verquido de persianas na ribeira del río, un feito que lles levou a denunciar, de novo, o incivismo dalgunhas persoas.
Así con esta retranca publicárono no seu muro de Facebook:
Preto da rúa Otero Pedrayo, non primeiros metros do sendeiro rural do río Gafos, observamos como algún o algúns "colaboradores", trataban de dotar a este espacio cunhas perseanas para regular a luminosidade das augas. Dende Vaipolorío agradecemos este acto, altruísta e anónimo, mais queremos informar de que o río dispón do que lle chaman o bosque de ribeira, formado básicamente por ameneiros e salgueiros, que teñen varias funcións, entre elas a de regular a luz que penetra a traves das súas pólas e follas.
Estimados "colaboradores", absteñédevos, dunha vez por todas, de dotar a este espacio de elementos impropios.