O Entroido en Galicia ten un gran compoñente gastronómico, case non houbo tempo para baixar os excesos do Nadal e xa chegaban o lacón con grelos, as orellas e as filloas.En pleno Entroido aquí en Pontevedra, próximo xa o seu remate, aventurámonos nas rúas para descubrir por que larpeiradas se decantan máis os pontevedreses: filloas, orellas ou flores? Que se demanda máis? Son os pontevedreses máis orelleiros ou máis fiolleiros?
As sobremesas que seguen sendo típicas son a orella e a filloaoca ou con recheo, esta última pode ser de nata, crema, mousse de chocolate, "depende", di Menchu Collado de confeitería Capri, "cada día hay máis variedad". Tamén se demandan as flores, e en menor medida as rosquillas de anís, aínda que "esto depende mucho de la zona", sinala Mundo do local Moi Bó, segundo el en Santiago por exemplo as rosquillas véndense moi ben.
O preguntar se os pontevedreses prefiren as orellas ou as filloas, a maioría decantábanse polas orellas. Aínda que se venden practicamente por igual, para Mundo, "las orejas se venden como churros". Ernesto Solla, da confeitería Solla, tamén engade que, aínda que hai bastante demanda en xeral de filloas e orellas, hai unha lixeira predilección polas orellas.
Menchu Collado cóntanos que en días fortes, como martes ou sábado de Entroido, poden vender tranquilamente 2.000 orellas, e outras tantas filloas e flores. A maioría encargadas, se cadra con catro ou tres días de antelación, "ya que nadie quiere quedar sin ellas", afirma sorrindo. En Capri notan unha maior demanda comparado co ano pasado.
Una confeitería chega a vender arredor de 2.000 orellas durante o Entroido pontevedrés
Preparar as larpeiradas do Entroido para os celíacos, con todo, aínda non resulta rendible para as pastelerías e confeiterías. En Capri por exemplo, Menchu sinala que "aquí trabajamos con produtos sin glúten, pero nuestro obrador no está aislado, de modo que estaría contaminado". Mundo, de Moi Bó, explícanos que é moitísimo traballo, porque os obriga a ter un forno aparte, polo que é demasiado gasto para pouco beneficio. Aínda que recoñece que cada vez en xeral hai maior demanda destes produtos. Quizais nuns anos, a cousa cambie.
Os prezos non varían demasiado duns comercios a outros, polo xeral tanto filloas, orellas e flores están entre 1,10 e 1,20 euros, a 1,50 euros como precio máximo. O segredo destas sobremesas segue sendo a masa, a boa man do que o prepara e por suposto a calidade da fariña, os ovos, e demais ingredientes empregados na súa elaboración.
Polo de agora parece que os pontevedreses seguen consumindo as sobremesas tradicionais, decantándose unha gran maioría polas orellas. Será mellor que os máis despistados se dean présa en probar algunha destas delicias de entroido antes do seu remate, que será este sábado co enterro da peculiar sardiña pontevedresa, o loro Ravachol.