Este luns 1 de marzo o comité de empresa de Ence en Pontevedra manterá unha reunión co delegado do goberno en Galicia Javier Losada. Neste encontro, o comité que preside Antonio Lafuente trasladará o seu procupación pola situación en que se atopa o persoal da fábrica de Lourizán ao entender que os seus postos de traballo están amenazados polas decisións xudiciais, políticas e empresariais "sen que se lles teña en conta".
Esixen a implicación de todas as administracions competentes para que se lles ofreza unha solución que garanta a continuidade dos seus empregos. Piden o mesmo trato que a administración está a ofrecer a outros traballadores de industrias que tamén se atopan en perigo de continuidade.
Demandan unha solución ao conflito aberto con Ence en Pontevedra e reclaman responsabilidade por parte dos actores políticos. Por este motivo instan a Javier Losada para que concierte unha data para as reunións solicitadas polo comité de empresa cos representantes dos Ministerios dde Industria e de Transición Ecolóxica.
Nesas reunións reclamarán unha posta en común de todos os implicados na procura de continuidade e de futuro dos postos de traballo en Ence. Desde o comité indican que esas reunións previstas non queren que sexa unha sesión máis na que se faga unha nova relación de todos os aspectos que ameazan os empregos en relación ás sentenzas e recursos relactivos á concesión, ao artigo 18.4 da Lei de cambio climático ou ás ameazas da empresa que falan da deslocalización fóra de Galicia.
VÍDEO DE COLMENARES: "PODEMOS TER UN SUSTO MAIÚSCULO AMBIENTAL"
Nas últimas horas, a empresa tamén difundiu un vídeo entre o persoal no que o actual presidente e conselleiro delegado de Ence Ignacio de Colmenares y Brunet alerta da posibilidade dun peche da fábrica en Lourizán e contempla opcións para trasladarse a Brasil e a Portugal.
Colmenares refírese a que ven abocados polas decisións do Ministerio de Transición Ecolóxica a levar a cabo un "peche ordenado" pero de maneira inminente e fai referencia a que se trata dunha medida de responsabilida alegando que "podemos ter un susto maiúsculo ambiental en calquera momento, que pode afectar ademais as persoas".
Afirma que a maquinaria se atopa pendente de cambios e investimentos desde 2019 xa que se paralizaron determinados traballos de actualización despois de que o Goberno se retirara no procedemento que se dirime na Audiencia Nacional cos recursos presentados polo Concello de Pontevedra e a Asociación pola Defensa da Ría sobre a prórroga de sesenta anos que teñen a empresa pasteira para manterse en Lourizán.
"Entón tiñamos en marcha 50 millóns do noso plan de investimentos e executámola porque non somos uns piratas. Nos fatlan os 200 millóns seguintes", afirma Colmenares no vídeo que continúa cunha afirmación contundente: "o Ministerio quere pechar Ence e o PSOE en Galicia tamén. Que non vos enganen".