Sólo se Vilaboa aproba o PXOM salvará os núcleos do litoral

Vilaboa
12 de febreiro 2013

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta, Encarnación Rivas, e a xefa provincial de Costas do Ministerio de Fomento, Cristina Paz, reuníronse hoxe cos voceiros da Corporación municipal de Vilaboa y respresentantes do colectivo Salvemos Vilaboa para analizar a aplicación da Lei de Costas nos núcleos do litoral

Reunión sobre a aplicación da Lei de Costas nos núcleos do litoral.
Reunión sobre a aplicación da Lei de Costas nos núcleos do litoral. / PontevedraViva

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta, Encarnación Rivas, e a xefa provincial de Costas do Ministerio de Fomento, Cristina Paz, reuníronse hoxe cos voceiros da corporación municipal de Vilaboa y respresentantes do colectivo Salvemos Vilaboa para analizar a aplicación da Lei de Costas nos núcleos do litoral.

A nova da Lei de Costas recoñece, por primeira vez, "como elemento identitario" os núcleos costeiros, asimilándoos ao solo urbano.

Mais esa asimilación dos núcleos exixe según insistiu Encarnación Rivas en que se aprobe definitivamente o PXOM, así "poderase solicitar a rebaixa da servidume de protección de 100 a 20 metros".

Neste senso, Rivas incidiu en que o concello debe delimitar os núcleos e axilizar a tramitación do planeamento para acadar a aprobación definitiva do PXOM o antes posible "nun prazo de entre seis e oito meses máximo".

"Haberá vivendas que por estar descontextualizadas, por estar en zonas que non acadan consolidación edificatoria, e xa que teñen un impacto moi negativo sobre o litoral terán que desaparecer", afirmou Rivas.

Na actualidade o Concello de Vilaboa réxese por unhas Normas Subsidiarias de Planeamento Provinciais que datan do ano 1988. Dende o ano 2000 este concello está a tramitar a redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Cómpre sinalar que a finais de 2012 aprobouse de xeito inicial o PXOM polo pleno municipal e publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG), atopándose actualmente en proceso de información pública.