Solicitan medidas de protección para os funcionarios durante as obras nos xulgados de Caldas

Umia
27 de agosto 2024

O Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza (STAJ) e Alternativas na Xustiza solicitaron á Dirección Xeral de Xustiza da Xunta que adopte medidas de protección para os funcionarios durante as obras nos xulgados de Caldas de Reis

Obras no edificio xudicial de Caldas de Reis
Obras no edificio xudicial de Caldas de Reis / STAJ

O Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza (STAJ) e Alternativas na Xustiza solicitaron á Dirección Xeral de Xustiza da Xunta que adopte medidas de protección para os funcionarios durante as obras nos xulgados de Caldas de Reis.

Segundo denunciaron, nos últimos días comezaron as obras, sen aviso previo aos traballadores o que xerou dificultades á hora de atender ao público debido ao ruído e ao po xerado.

Piden que os traballos leven a cabo polas tardes e que se aisle aos funcionarios das zonas de obra para impedir a súa exposición a axentes químicos e físicos.

Así mesmo, os traballadores critican que a administración non lles informa da obra que está a facer, tempo de execución e segue sen repartir máscaras ou illar ao persoal. Tamén apuntan nas súas queixas que o po que se xera non se limpou nunca de forma axeitada.

O pasado día 12 comezaron no edificio xudicial de Caldas de Reis estas obras consistentes no lixado de toda a superficie de parquet do chan do inmoble e a retirada determinadas madeiras deterioradas pola avelaíña, o caruncho e a humidade así como o picado de partes do chan de formigón. 

Os traballos afectan os espazos comúns á sala de vistas, á sala de conferencias, ao rexistro civil, ás escaleiras de acceso á planta primeira e á segunda planta, ás oficinas xudiciais civil e penal do xulgado número 1 e aos despachos da xuíza e do letrado xudicial e á oficina de procuradores.

A situación tamén foi denunciada ante a Inspección de Traballo.