Unha muller protagonizaba un aparatoso accidente na tarde deste venres 5 en Sanxenxo.
A condutora circulaba pola estrada en Fonte de Ons, en Noalla, minutos antes das 15.10 horas, segundo a información facilitada polos servizos de Emerxencias.
Segundo os primeiros datos, a muller sufriu un mareo ao volante e perdeu o control do turismo que conducía saíndose da vía.
Como consecuencia, impactaba contra dous vehículos estacionados na zona e envorcaba tamén o coche no que viaxaba.
Sufriu feridas nunha man e foi traslada por unha ambulancia ao momento de Atención Continuada de Baltar.
Ata o lugar desprazábanse tamén axentes da Policía Local e da Garda Civil, ademais de Emerxencias Sanxenxo.