O socialismo pontevedrés, reforzado tras o Congreso Nacional do PSdeG

Pontevedra
09 de marzo 2025
Actualizado: 13:11

"A representación que vimos de obter fai xustiza á militancia da nosa provincia e considerámola como un éxito", asegura o secretario xeral provincial do PSOE, David Regades

Delegación de Pontevedra no 15º Congreso Nacional del PSdeG
Delegación de Pontevedra no 15º Congreso Nacional del PSdeG / PSdeG-PSOE

O 15º Congreso Nacional do PSdeG, celebrado en Santiago de Compostela, deixa un balance positivo para o socialismo pontevedrés.

Representantes da área de Pontevedra e de toda a provincia contarán con postos de responsabilidade nos órganos de goberno do PSOE en Galicia.

"A representación que vimos de obter fai xustiza á militancia da nosa provincia e considerámola como un éxito", asegura o secretario xeral provincial do PSOE, David Regades.

Isto tradúcese por exemplo na entrada da pontevedresa Paloma Castro, deputada autonómica, na Executiva Federal do PSOE, da que tamén forma parte o propio Regades.

Ademais Iván Puentes foi nomeado como membro da Comisión Executiva Nacional Galega (CENG), na secretaría de Memoria Democrática e Laicidade, e a marinense Iria Sobrino Fagilde na área de Dereito á Vivenda.

"É un claro respaldo do secretario xeral ao noso traballo; busca reforzarnos aínda máis de cara a alcanzar unha alcaldía socialista en Pontevedra en 2027", asegura Puentes.

No Comité Nacional Galego do Partido Socialista, máximo órgano entre Congresos, entran 30 representantes da provincia de Pontevedra entre os que figuran os pontevedreses Yoya Blanco, Yeyo Pérez, Manuel Fariña e Juan Carlos Pérez Santiago. Tamén se incorpora Lorena Durán (Cerdedo-Cotobade) e Carlos Ignacio Tabuyo (Marín).

Mantense ademais a deputada nacional Marica Adrio.