Soben os casos de coronavirus na área por segunda xornada consecutiva

Pontevedra
23 de marzo 2021

Os datos actualizados do Servizo Galego de Saúde (Sergas) apuntan que xa son 215 os casos rexistrados este martes, 7 máis que onte luns. As probas PCR practicadas nas últimas 24 horas, suman un total de 10 novos positivos. Onte foron 9

Realización dun test PCR no Recinto Feiral
Realización dun test PCR no Recinto Feiral / Mónica Patxot

A Consellería de Sanidade confirma este martes a segunda xornada consecutiva con incremento de casos activos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Os datos actualizados do Servizo Galego de Saúde (Sergas) apuntan que xa son 215 os casos rexistrados este martes, 7 máis que onte luns. As probas PCR practicadas nas últimas 24 horas, suman un total de 10 novos positivos. Onte foron 9.

Este martes a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantén 13 pacientes con covid ingresados en planta de hospitalización. Están 12 enfermos no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 1 no Hospital do Salnés.

Ademais hai 5 pacientes críticos na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Montecelo. Así mesmo, permanecen 197 casos de covid-19 evolucionando en domicilio.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 12.284 pacientes (2 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 161 pacientes.

En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 344, que se engaden ás 178.915 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.490, deles 955 son da área da Coruña, 188 da de Lugo, 160 da de Ourense, 215 da de Pontevedra, 501 da área de Vigo, 276 da de Santiago e 195 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 203 en unidades de hospitalización e 2.241 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 111.141 persoas curadas, rexistrándose 2.321 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.805.442.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 394.186.