Unha muller de 85 anos con positivo activo por covid faleceu nas últimas horas na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, segundo confirmou o Servizo Galego de Saúde.
Trátase do falecemento 260 dun paciente coa infección activa na área pontevedresa desde o inicio da pandemia.
No balance diario do Sergas destaca á súa vez que tras moitas xornadas de descenso volveron a subir os casos activos de coronavirus tanto en Pontevedra e O Salnés como en Galicia. A nivel local este xoves 3 de marzo son 1.895 os casos en seguimento, o que supón 37 máis que o mércores.
Nas últimas horas sumáronse as estatísticas 194 novos contaxios, superando ás 157 altas epidemiolóxicas que colocan a cifra de persoas que superaron o virus na área en 55.785.
Tamén soben o número de persoas hospitalizadas, con tres ingresados máis para un total de 69, dos que 4 evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo e o resto fano en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (59), o Hospital do Salnés (5) e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (1).
No que respecta a Galicia, este xoves 2 de marzo contabilízanse 16.365 casos activos de covid, o que supón 256 que a xornada anterior.