Os casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés son un total de 2.109 este luns 9 de agosto, segundo a información oficial do Servizo Galego de Saúde.
Esta cifra supón un descenso de 77 casos activos, do mesmo xeito que anteriores xornadas debido ao elevado número de altas epidemiolóxicas dadas, 181, que superan aos 104 novos contaxios detectados.
Pese ao descenso no total a semana iníciase cun preocupante incremento nos pacientes positivos por covid hospitalizados, ao subir de golpe en cinco persoas. Desta forma os ingresados pasaron a ser 34, dos que 27 evolucionan en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (22), o Hospital do Salnés (3) e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (2), mentres que 7 atópanse na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.
Desde o inicio da pandemia superaron o virus 17.836 persoas na área sanitaria, rexistrándose 191 falecementos de pacientes coa infección activa.
Nas últimas 24 horas o Sergas confirma a realización de 570 probas PCR.
DATOS DE GALICIA
Segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública o número de casos activos de coronavirus en Galicia sitúase nos 16.824, dos que 4.619 son da área da Coruña, 1.914 de Lugo, 1.275 de Ourense, 2.109 de Pontevedra, 4.098 da área de Vigo, 1.804 de Santiago e 1.005 da de Ferrol.
Do total positivos, 55 evolucionan na UCI, 286 en unidades de hospitalización e 16.483 no seu domicilio.
En Galicia rexistráronse 2.493 falecementos de persoas con positivo activo por coronavirus.