A autoestrada do Atlántico (AP-9) experimentará desde as 00:00 horas do 1 de xaneiro de 2025 un incremento nas súas tarifas do 5,34%.
Esta suba, segundo informa o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, tería alcanzado o 7,56% de non aplicarse as subvencións gobernamentais vixentes.
O incremento afectará de xeito notable a tramos empregados por milleiros de vehículos liexeiros a diario:
A Coruña-Vigo: Alcanzará os 20,45 euros. Ata agora a tarifa era de 19,40 euros para un usuario dun vehículo lixeiro ao realizar este traxecto.
Pontevedra-Vigo: pasará a ter unha tarifa de 4,85 euros, 0,25 céntimos máis que na actualidade.
Pontevedra-Santiago: pasa de 6,85 a 7,20 euros, subindo un 0,35 céntimos.
Para compensar esta suba, o Goberno aprobou tamén melloras no sistema de bonificacións:
VEHÍCULOS LIXEIROS
Aumento do desconto por recorrencia do 20% ao 50% para usuarios que realicen máis de 20 viaxes mensuais.
Gratuidade en todas as viaxes de volta realizadas en 24 horas.
Mantemento dos tramos gratuítos existentes (circunvalacións de Santiago, Vigo, Pontevedra e Fene-Ferrol).
VEHÍCULOS PESADOS
Incremento da bonificación do 20% ao 50% desde a primeira viaxe.
Aplicable independentemente do sistema de pago e tramos percorridos.
O Goberno autorizou 81,6 millóns de euros para financiar os descontos en 2025.
O incremento de tarifas representará aproximadamente 11 millóns de euros e as novas bonificacións suporán un beneficio estimado de 27,6 millóns de euros para os usuarios.
REQUISITOS PARA AS BONIFICACIÓNS
Para acceder aos descontos en vehículos lixeiros:
Uso obrigatorio do sistema de telepeaxe (Via-T).
As viaxes de volta deben realizarse nun prazo máximo de 24 horas.
O percorrido de volta debe ser igual ao de ida.
Segundo o Ministerio, desde xullo de 2021 ata setembro de 2024 rexistráronse máis de 66 millóns de tránsitos de vehículos lixeiros bonificados na AP-9. A eles súmanse preto de 14 millóns de vehículos pesados beneficiados
O Goberno sitúa o aforro total xerado de aproximadamente 141 millóns de euros para os usuarios