Só un 2% dos pontevedreses ten anticorpos diante do virus

Pontevedra
05 de xuño 2020

A poboación da provincia de Pontevedra que superou a infección por coronavirus e xerou anticorpos mantense na contorna do 2%, na segunda onda do estudo de seroprevalencia realizado polo Ministerio de Sanidade en todo o país  

Unha persoa traballa nun laboratorio
Unha persoa traballa nun laboratorio / Francisco Àvia

A poboación da provincia de Pontevedra que superou a infección por coronavirus e xerou anticorpos mantense na contorna do 2%, na segunda onda do estudo de seroprevalencia realizado polo Ministerio de Sanidade en todo o país. 

Son cinco décimas menos que na primeira onda en cando a porcentaxe da poboación que superou a enfermidade e presenta anticorpos IgG contra a Covid-19.

Este dato da xente testada en Pontevedra supón menos da metade do que se rexistra no conxunto do Estado, que é do 5,2%, dúas décimas máis que na primeira onda, segundo os datos feitos públicos este xoves.

Galicia co 2,2% mantense como a cuarta comunidade con menor porcentaxe de poboación con anticorpos, fronte ao 11,4% de Madrid que é a rexión que marca a taxa máis alta de poboación con anticorpos nesta segunda onda.

Ademais Pontevedra ten o 0,1% de posibles casos sintomáticos recentes, é dicir, nas dúas últimas semanas. 

Un total de 3.998 galegos participaron nesta segunda rolda, aos que hai que engadir 4.070 da primeira. 

Estes datos compleméntanse co estudo que tamén realiza a Xunta, e que se encamiña cara á súa segunda fase.