O Servizo Galego de Saúde actualizou este martes 8 de xuño os datos da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés que se mantén invariables respecto ao día de onte en canto ao número de casos activos, 193.
En canto á presión hospitalaria, este martes hai 14 pacientes con covid ingresados en planta de hospitalización. Concretamente hai 12 enfermos no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 2 no Hospital do Salnés.
Na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo xa só queda un paciente ingresado en estado crítico.
Así mesmo, permanecen 178 casos de covid evolucionando nos seus domicilios.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 13.959 pacientes (6 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 181 pacientes.
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 253, que se engaden ás 240.092 xa efectuadas desde o inicio da pandemia no área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.729, deles 335 son da área da Coruña, 208 da de Lugo, 163 da de Ourense, 193 da de Pontevedra, 452 da área de Vigo, 283 da de Santiago e 95 da de
Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 65 en unidades de hospitalización e 1.650 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 123.374 persoas curadas, rexistrándose 2.427 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.284.738.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.079.132.