A Comisión de Saúde Pública (CSP) decidiu este martes que os contactos estreitos dos infectados por Covid, estean ou non vacinados, non terán que illarse. Tampouco se realizarán rastreos de contactos estreitos. A medida entrará en vigor a partir do próximo 5 de marzo.
Os expertos en Saúde Pública, no que están representadas todas as comunidades autónomas, tamén decidiron manter os sete días de illamento para os infectados por Covid.
A CSP tan só recomenda aos contactos estreitos dos positivos durante os dez días posteriores á última exposición que "extremen as precaucións e reduzan todo o posible as interaccións sociais utilizando de forma constante a máscara e mantendo unha adecuada hixiene de mans".
Non se retirarán por agora as máscaras nas aulas escolares.