Só o 38% dos citados acode á primeira xornada de cribado en Vilagarcía, con 10 positivos detectados

O Salnés
17 de xullo 2021

Un total de 2.400 mozos de 18 a 35 anos estaban citados en dúas xornadas en Vilagarcía a un cribado de detección da covid ante a mala evolución da pandemia

Realización de test PCR
Realización de test PCR / Mónica Patxot

A Consellería de Sanidade informou este sábado sobre os resultados da primeira xornada de cribados realizados na comarca de Arousa a mozos entre 18 e 35 anos.

A baixa participación é unha das características desta convocatoria, planificada ante a mala evolución da pandemia.

Así, das 1.200 persoas citadas durante o venres para pasar polo recinto de Fexdega de Vilagarcía para someterse a unha proba de detección de coronavirus, soamente acudiron 458 delas, o 38,2%.

Nesa primeira xornada detectáronse 10 positivos entre os asistentes.

Os cribados na comarca de Arousa continuaban este sábado con outras 1.200 persoas convocadas, mentres que o domingo e o unes citouse á poboación de 18 a 35 anos de Pontevedra, Poio e Marín, cun total de 1.600 persoas (800 por día) a unhas probas que se realizarán no exterior do Hospital Provincial.