Só dous dos sete concelleiros do PP do Grove, respaldan co seu voto a reforma do aborto

O Salnés
31 de xaneiro 2014

O Grove converteuse nun dos primeiros concellos galegos en aprobar unha moción que esixe ao Goberno que free a pretendida reforma da lei do aborto. Co rechamante matiz, iso si, de que se trata dun municipio gobernado polo Partido Popular. Dous dos seus concelleiros apoiaron co seu voto a iniciativa impulsada por Esquerda Unida e un terceiro abstívose, permitindo que saíse adiante por maioría absoluta

Casa consistorial do Grove
Casa consistorial do Grove / PontevedraViva

O Grove converteuse nun dos primeiros concellos galegos en aprobar unha moción que esixe ao Goberno que free a pretendida reforma da lei do aborto. Co rechamante matiz, iso si, de que se trata dun municipio gobernado polo Partido Popular. Dous dos seus concelleiros apoiaron co seu voto a iniciativa impulsada por Esquerda Unida e un terceiro abstívose, permitindo que saíse adiante por maioría absoluta.

Segundo informa Faro de Vigo, os edís Carlos Otero e Laura Besada exerceron o seu dereito á liberdade de voto e mostraron o seu rexeitamento ao borrador de Gallardón, mentres que Manuel Ochoa abstívose. A eles súmanse outros dous concelleiros do PP que se ausentaron na votación, Alexandre Aguín (que xa non asistiu ao pleno) e Marta Domínguez, que saíu do salón de plenos xusto no punto anterior da orde do día.

ÿ dicir, dos sete concelleiros que o PP ten en O Grove só dous votaron a favor da reforma da lei do aborto proposta polo Goberno, Juan Callón e o propio alcalde, Miguel Pérez. Tampouco a apoiaron os seus dous socios no goberno municipal, Alfredo Bea e Aida Filgueira, do Partido Galeguista e A Meca respectivamente, e por suposto, os oito concelleiros de PSdeG-PSOE, BNG e Esquerda Unida, impulsora desta moción.

Aínda que o alcalde recoñeceu que hai aspectos do borrador "cos que non estou de acordo", votou en contra da moción de Esquerda Unida ao non estar de acordo coa súa exposición de motivos.