Os empresarios da provincia poderán formarse na utilización das novas tecnoloxías da man de oito novos talleres da iniciativa SmartPeme. Este programa está destinado á utilización das tecnoloxías da información e da comunicación para a promoción dos negocios, axudando a crear unha boa imaxe virtual en plena era da internet.
Os talleres, que terán lugar ao longo do mes de abril no Edificio administrativo da Deputación de Pontevedra, son os seguintes:
- Mércores 4 de abril, 19:00 horas: "Ven a descubrir que son e para que serven as redes sociais"
- Venres 6 de abril, 17:00 horas: "Como utilizar Instagram para promover a túa empresa"
- Martes 10 de abril, 19:00 horas: " Prestashop I: Comeza a crear a túa propia tenda online"
- Xoves 12 de abril, 17:00 horas: "Como mellorar a reputación online do teu establecemento de hostalería"
- Luns 16 de abril, 19:00 horas: " Prestashop II: xestión dunha tenda online”
- Xoves 19 de abril, 19:00 horas: “Mellora a calidade das túas imaxes con editores online”
- Luns 23 de abril, 19:00 horas: “Aprende a crear vídeos promocionais para o teu negocio”
- Mércores 25 de abril: "Aprende a colaborar co teu equipo dun xeito máis sinxelo"
A inscrición pódese realizar a través do teléfono 886202020, enviando un correo electrónico á dirección info.smartpeme@depo.es, ou entrando na web de SmartPeme.