A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés rexistra este xoves 17 de marzo un total de 43 pacientes ingresados, cunha subida de dous pacientes respecto a os notificados o mércores. 39 permanecen no Hospital Montecelo, un máis; dous no Hospital do Salnés e incorpórase un novo paciente ao Hospital QuirónSalud, afectado por covid-19. Ademais, un enfermo mantense na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Nesta xornada notifícanse por parte da Consellería de Sanidade 53 casos máis que na xornada do 16 de marzo. En total hai 2.137 casos activos, destes pacientes un total de 2.094 permanecen nos seus domicilios.
Durante as últimas 24 horas realizáronse 257 probas diagnósticas co resultado de 212 novos positivos.
Non se rexistraron falecementos na área sanitaria durante as últimas horas. A cifra de decesos desde o inicio da pandemia é de 263 persoas.
DATOS DE GALICIA
Saúde Pública recolle nos seus datos tres falecementos máis durante as últimas horas de pacientes con covid-19 en Galicia. Con estas mortes, o número de vítimas na comunidade ascende a 3.165 desde o inicio da pandemia.
O número de casos activos en Galicia tamén continúa a súa tendencia ascendente dos últimos días. Este xoves detectáronse 538 casos activos máis e a cifra de positivos é de 20.127 persoas.
Pola contra, nesta xornada redúcese o número de enfermos hospitalizados establecéndose en 376 persoas ingresadas en planta, dez menos que o mércores. Nas Unidades de Coidados Críticos mantéñense 26 pacientes, os mesmos que onte.
Por áreas sanitarias, os casos activos son os seguintes: A Coruña-Cee: 4.334 (+133); Vigo: 3.602 (+105); Santiago-O Barbanza: 3.192 (+76); Ourense: 2.682 (-23); Lugo: 2.447 (+61); Pontevedra-O Salnés: 2.137 (+53); Ferrol: 1.639 (+131), e sen área sanitaria asignada: 94 (+2).
A comunidade rexistra 2.075 positivos novos da enfermidade nas últimas 24 horas. Trátase de 8 contaxios diarios menos respecto a a xornada de onte e 47 máis en relación aos detectados hai unha semana.