O grupo municipal do Partido Popular, a través da concelleira Silvia Junco, reclama ao goberno local de Pontevedra a instalación de instrumentos de ximnasia para persoas maiores en parques do centro ou da periferia da cidade.
A concelleira visitaba a parroquia pontevedresa de Cerponzóns e comprobaba que a área lúdica con aparellos de xerontoximnasia permanecen en estado de "abandono absoluto, oxidado e invadido pola maleza".
Por esta motivo demanda ao goberno local que se reparen estes dispositivos e "pensen máis nas persoas maiores" do municipio.
Explica que é necesario que o Concello de Pontevedra tome exemplo doutras capitais de provincia e incorpore estes elementos para a práctica deportiva de persoas de idade avanzada en zonas de esparexemento da cidade.
Junco considera que o exercicio contribúe a fomentar o envellecemento activo da poboación potenciando a súa saúde física e mental, loitando contra o sedentarismo. Ademais, entende que estas actividades potencian a socialización das persoas maiores.