Sidney coñecerá o modelo urbano de Pontevedra da man de Fernández Lores

Pontevedra
04 de febreiro 2014

O modelo urbano de Pontevedra chegará a Australia. A asociación Walk 21, que xa invitou a Miguel Anxo Fernández Lores o pasado mes de setembro a Munich para participar no seu congreso anual sobre mobilidade, volveu a poñer os seus ollos na cidade. Queren que o alcalde sexa o seu "ponente principal" na edición deste ano, que se celebrará en outubro na cidade australiana de Sidney

O modelo urbano de Pontevedra chegará a Australia. A asociación Walk 21, que xa invitou a Miguel Anxo Fernández Lores o pasado mes de setembro a Munich para participar no seu congreso anual sobre mobilidade, volveu a poñer os seus ollos na cidade. Queren que o alcalde sexa o seu "ponente principal" na edición deste ano, que se celebrará en outubro na cidade australiana de Sidney.

Así o desvelou este martes o concelleiro de Infraestructuras, César Mosquera. A decisión de se se acepta ou non dita invitación aínda non foi tomada. O alto custo da viaxe podería frear a asistencia de Fernández Lores a dito congreso, aínda que os seus organizadores ofrecéronlle unha alternativa. O rexedor pontevedrés podería ofrecer o seu relatorio sobre as políticas de mobilidade en Pontevedra mediante unha videoconferencia.

"Pontevedra como cidade de referencia está adquirindo unha dimensión inimaxinable", sinalou César Mosquera, que referiu que continuamente recíbense invitacións para congresos ou conferencias sobre o modelo de cidade, que chegan non só de España senón de medio Europa. "Pero non podemos atender a todas por motivos obvios", afirmou.

A donde si regresará Miguel Anxo Fernández Lores é a Bruxelas, cidade onde recolleu o ano pasado o premio Intermodes, que recoñeceu a política de mobilidade peonil de Pontevedra representada polo Metrominuto. O alcalde será o encargado de entregar o premio ás dúas cidades que en 2014 compartirán este recoñecemento Lyon (Francia) e Utrecth (Holanda).

O propio alcalde sinalou que na súa intervención en Intermodes 2014 reiterará que a "liña correcta" en materia de movilidad urbana é a de "defender unha cidade amable, preferentemente peonil e cunha menor presión do tráfico rodado", a política que, recordou, Pontevedra leva aplicando con éxito na cidade durante os últimos quince anos.