"Si realmente es culpable, que le caiga la máxima pena posible"

Pontevedra
12 de maio 2015

Francisco Manuel Pérez Fraga conta como encontrou o cadáver da súa irmá tombada no chan e seminu o 26 de decembro de 2013 na súa casa da rúa José del Río de Marín. Estaba morta vítima presuntamente dun crime machista e, ante o xuízo ao seu presunto asasino, móstrase convencido de que "seguramente lo vuelva a hacer otra vez"

Francisco Manuel Pérez Fraga, irmán da vítima do crime machista de Marín
Francisco Manuel Pérez Fraga, irmán da vítima do crime machista de Marín / Mónica Patxot
Francisco Manuel conta como encontrou a súa irmá morta na súa casa de Marín /

Francisco Manuel Pérez Fraga recibiu unha chamada o 26 de decembro de 2013 que non esquecerá xamais. Avisábano de que a porta da casa da súa irmá na rúa José del Río de Marín levaba aberta dende media mañá, de modo que se achegou para ver que sucedía. Entrou e dirixiuse directamente ao seu cuarto porque era a única estanza que tiña a porta aberta, pero non había nada. Tras percorrer toda a cada, chegou ao salón e alí, tombada no chan e seminua, estaba Isabel. Non o sabía nese momento, pero a súa irmá estaba morta vítima presuntamente dun crime machista.

Recorda a diario aquela xornada, pero nos últimos días con máis intensidade. De feito, indica que"llevo una semana que no duermo" porque "me vienen a la cabeza las imágenes de mi hermana tirada en el suelo y es complicado". Este luns relatouno ante o xurado popular que durante toda a semana xulga o que era noivo da súa irmá, Miguel Sanmartín Argibay, polos delitos de asasinato e agresión sexual, polos que se enfronta a 35 anos de cadea. Ao rematar a súa declaración, manifestou que o único que espera deste xuízo é "que se haga justicia" e "si realmente es culpable, que le caiga la máxima pena posible".

Opina que "no se puede ejercer esa violencia" sobre ningunha muller, pero, ademais, no caso da súa irmá, "nunca se podría haber defendido, y él se ensañó demasiado con ella". Minutos antes, contara na sala que uns seis anos antes do crime a falecida sufrira un ictus que lle paralizara a parte esquerda do corpo. Aínda que recuperou a mobilidade nas pernas e xa apenas tiña dificultade para comunicarse, seguía con problemas na man e tomaba medicación.

O día que encontrou o cadáver da súa irmá non sabía que ela estaba a reiniciar unha relación co agora procesado nin que xa anos antes estiveran xuntos dous anos, pero si sospeitou del e así o o trasmitió á Policía, pois un par de meses antes ela lle presentara ao seu novo amigo e era o único novo que había na súa vida nos últimos tempos. Agora que xa coñeceu os detalles da relación e tamén os antecedentes do acusado, que estivera tres anos e medio en prisión por maltratar o seu pai, pide Xustiza porque "seguramente lo vuelva a hacer otra vez". Na súa opinión, "eso tiene que verlo la justicia y encerrarlo, si puede ser de por vida de por vida".