Despois de seis meses de lixeiro descenso volveu aumentar en Pontevedra o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego.
O mes de setembro finalizou con 1.277 desempregados máis na provincia, ata facer un total de 102.918 persoas, segundo fixo público o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Esta cifra supón un incremento anual de 260 parados en relación ao mes de setembro de 2012, cando a cifra total ascendía a 102.658.
En relación aos datos de Galicia o paro incrementouse en 3.209 persoas en setembro, deixando o total de desempregados en 260.733, un 1,25% máis que en agosto.
Por sectores, todos mostran descensos nas súas cifras na comunidade salvo o de servizos, vinculado especialmente á contratación estival.
En toda España, o número de parados rexistrados sitúase agora nos 4.724.355 desempregados tras incrementarse en 25.572.