Sete usuarios da residencia de maiores de Campolongo están contaxiados de covid-19. Cinco deles detectáronse na última xornada e os dous primeiros apareceron a principios desta semana.
Segundo o balance diario do Servizo Galego de Saúde, nesta residencia non hai ningún traballador contaxiado.
Estes sete casos son os únicos casos activos de covid-19 detectados este xoves en residencias de toda Galicia.
Ata o mércores había tamén outros catro usuarios contaxiados na residencia García Hermanos de Betazos, pero negativizaron nas últimas 24 horas.