O novo servizo móbil da Policía Nacional para o DNI e o pasaporte estréase en Ponte Caldelas con 25 usuarios

Ponte Caldelas
12 de abril 2025

A seguinte visita está previsa para o luns 5 de maio. Todas as persoas que desexen realizar trámites poden pedir cita previa na Alcaldía ou chamando ao teléfono 986750013, marcando a extensión 2

Oficina Móbil de Documentación da Policía Nacional en Ponte Caldelas
Oficina Móbil de Documentación da Policía Nacional en Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

A Oficina Móbil de Documentación da Policía Nacional que está a achegar á cidadanía trámites como a renovación do DNI ou o pasaporte fixo parada en Ponte Caldelas. 

A estrea foi este venres. Situouse entre o Concello e o centro de saúde e, na súa primeira estadía, atendeu a máis de 25 persoas.

O comisario provincial da Policía Nacional, Juan José Díaz Jiménez, e o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, acompañaron os primeiros cidadáns que fixeron uso do servizo. 

O servizo, que atenderá a veciños de Ponte Caldelas e dos concellos da contorna, achegarase ata o municipio unha vez ao mes

A seguinte visita está previsa para o luns 5 de maio. Atenderá en quendas de 15 minutos dende as 9.00 horas da mañá.

Todas as persoas que desexen realizar trámites co DNI, o pasaporte ou a App MiDNI poden pedir cita previa na Alcaldía de Ponte Caldelas ou chamando ao teléfono 986750013, marcando a extensión 2

Interior da Oficina Móbil de Documentación da Policía Nacional en Ponte Caldelas
Interior da Oficina Móbil de Documentación da Policía Nacional en Ponte CaldelasConcello de Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas destacou que "este servizo de proximidade facilita moito a expedición de documentos de identidade á cidadanía e aproxima un servizo de primeira necesidade ao rural".

O comisario provincial explicou que estas unidade móbiles permiten expedir “documentos en calquera punto e os cidadáns saen co seu DNI ou pasaporte”.