Sergio González, tras lograr completar o Camiño Portugués a Santiago: "veño de cumprir un soño"

Pontevedra
03 de xaneiro 2022

O pontevedrés, con parálise cerebral, lograba superar o reto aos seus 45 anos de idade, acompañado por Jenner David Ludeña, en cadeira de rodas, e persoal voluntario do colectivo Rodando. A través de sete etapas duras, este domingo 2 chegaban á catedral de Santiago. Sergio González afirma que a experiencia pagou a pena

Sergio González, na última etapa do Camiño Portugués, axudado por voluntarios do programa Rodando
Sergio González, na última etapa do Camiño Portugués, axudado por voluntarios do programa Rodando / Sergio González

O martes 12 de outubro, o pontevedrés Sergio González, con parálise cerebral, emprendía un novo reto na súa vida. Sempre se caracterizou por ter iniciativas culturais e deportivas aventurándose nun proxecto para dirixir unha curtametraxe, participando na San Silvestre local ou dedicarse á poesía. Nesta ocasión o reto era realizar o Camiño Portugués a Santiago de Compostela por etapas.

Naquela primeira xornada percorría o tramo entre Tui e Porriño. Nesta odisea embarcábase co seu amigo  Jenner David Ludeña, de 28 anos, que se despraza utilizando unha cadeira de rodas, e por integrantes do Programa Rodando. E así, ao longo de sete etapas, este domingo 2 de xaneiro conseguía cumprir o seu obxectivo, chegar ata a Catedral de Santiago.

"Non teño palabras, nunca crin que puidese facer o Camiño e veño de cumprir un soño", afirma Sergio, que 45 anos móstrase entusiasmado polo logro ata o punto de que mesmo axudou a mover a cadeira de  Jenner David  Ludeña nesta última etapa facendo un esforzo  sobrehumano.

"Custoume moito, houbo etapas moi duras. Pero mereceu a pena", afirma estas emprendedor horas máis tarde de alcanzar a meta. Aínda canso polos quilómetros que leva nas pernas, despois de facer o tramo entre Padrón e a capital de Galicia, amósase feliz porque, sen dúbida, non se pode comezar mellor o 2022.