Seres indómitos: Xaco Medina

Pontevedra
27 de outubro 2024

Nun mundo onde a especialización parece ser a norma, Xaco, un mozo cheo de enerxía e curiosidade, desafía esta tendencia ao explorar unha variedade de temas que van desde a ciencia até a arte.

Xaco Medina
Xaco Medina / Guillermo M. Meijón-Corujo

Falamos de inquedanzas, aspiracións e o enfoque único dunha persoa talentosa que se esforza por deixar a súa pegada no mundo.

- Dime unha pregunta que non te guste que che fagan.

Onde te ves de aquí a dez anos

- Como te definirías?

Doutor en impaciencia

- Como é a túa relación con Pontevedra?

Moi cariñosa, pero por pequenos momentos, como pasa en todas as familias, algo asfixiante

- Onde te sitúas: xeración baby-boom, xeración X ou xeración millenial?

Xeración Z, creo.

- Cales dirías que son as características desta xeración?

Pouca tolerancia á frustración e moita intelixencia práctica.

- A quen votaches nas túas primeiras eleccións?

Ufff, iso foi unha etapa xa superada, por sorte.

- En que momento decides escribir o teu primeiro libro Adral da Filosofía?

No momento en que me decatei de que, como dixo Mark Twain, a diferenza entre a realidade e a ficción é que a ficción ten que ser crible.

- Onde nace a túa paixón pola música?

Nace na ducha.

- Tendo en conta o auxe da "especialización" en todos os sectores, considéraste unha rara avis?

Estudei filosofía, con iso digo todo.

- Que é a amizade?

A admiración e o compromiso mutuo.

- Dime unha canción que te emocione.

The Long And Winding Road dos Beatles.

- Frío ou calor?

Calor

- Que hai despois da vida?

Pois cando o saiba, por desgraza, non creo que cho poida contar.

- O último capricho que te deches?

Un xeado italiano.

- Cando dixeches por última vez "quérote"?

Hai dous meses a unha amiga que coñecín no instituto.

- E, por último, a quen che gustaría ver nesta sección?

Á miña amiga Ana Muñoz. Unha moi boa persoa cunha cabeza extraordinaria.

Para Xacobe Pontevedra sabe a pedra vella, cheira a celulosa, é de cor dourada e ten son ao violín de Manuel Quiroga. Definitivamente, Xacobe Medina sente Pontevedra.

 

O CUESTIONARIO

− Nunca saio da casa sen... calcetíns

− Na miña neveira sempre hai... chocolate

− No meu armario destacan... os pantalóns pirata que uso de pixama

− A idade é... aprendizaxe

− Sempre fun o ollo dereito de... miña avoa Tere

− Pontevedra ten alma de... aldeá

− Creo en... o ser humano

− O ano que marcou a miña vida foi... 2015

− O mellor agasallo que me poden facer é... unha carta

− O meu lugar no mundo é... non o sei

− Se non puidese vivir en Pontevedra viviría en... Londres

− O meu momento favorito do día é... a noite

− Pontevedra... pode dar moito máis de si